Obradoiro de Nadal

Data: 
sábado, 21 de Decembro de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Elaboramos a decoración para o tempo de Nadal

Por estas datas todo o noso entorno está adornado de luces, grilandas, coroas e candeas. A actividade que vos propón a biblioteca como remate da programación de Biblioespazo 2019 tamén quere colaborar para a elaboración da decoración tan característica destas datas animando a nenos e nenas a que sexan eles7as mesmos quen a confeccionen.

Con materiais sinxelos, moita maxia  e un pouco de axuda da vosa parte, o sábado 21 de decembro a partir das 11:00 da mañá os/as peques da casa poderán plasmar toda a súa creatividade en diferentes obxectos que darán o seu toque persoal á decoración destas festas.

Esta é unha actividade creativa para facer en familia, polo que é necesario que cada neno ou nena estea acompañado/a dunha persoa adulta.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 17 de decembro ás 16:00 horas, no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.