Obradoiro de máscaras de peliqueiros

Data: 
mércores, 19 de Febreiro de 2020
Lugar: 
Axencia de lectura municipal da Gándara

Elaboramos carautas destes personaxes do entroido galego

O Entroido de Laza en Ourense é o máis antigo de Galicia e está considerado coma un dos máis antigos do mundo. Os principais personaxes desta celebración son os peliqueiros, que na mañá do domingo de entroido, percorren as rúas impoñendo autoridade a toda aquela persoa que non vaia disfrazada.

Os peliqueiros visten uns traxes moi característicos, levan cencerros na cintura, unha máscara cubrindo a cara e un látego na man.

Na Axencia de lectura municipal da Gándara queremos homenaxear a estes coñecidos e destacados personaxes do entroido galego organizando un obradoiro creativo no que elaboraremos máscaras coma as que eles levan. Será o mércores 19 de febreiro entre as 17:15 e as 18:45 horas (cada persoa poderá comezar e rematar libremente dento dese horario).

Para participar na actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 4 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar praza a partir do xoves 13 de febreiro ás 16:00 horas de maneira presencial (no mostrador da sala de adultos da Biblioteca central ou no da Axencia de lectura municipal da Gándara) ou chamando á Biblioteca central ao 981382173 en horario de apertura.