Obradoiro de iniciación ao scrapbooking

Data: 
mércores, 22 de Abril de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Coñece esta técnica de personalización de álbumes, invitacións, cartas e outros obxectos.

No marco da celebración do Día do libro 2015 organizamos un obradoiro de iniciación ao scrapbooking para persoas adultas (maiores de 16 anos).

Se queres introducirte nesta técnica que ten cada día máis seguidores/as, non dubides en participar. O obradoiro constará dunha única sesión de tres horas nas que che facilitaremos todos os materiais necesarios para empezar a personalizar os teus obxectos. Con todo, se xa tes algún material propio tamén o podes traer.

O obradoiro realizarase o mércores 22 de abril entre as 17:30 e as 20:30 horas. Para participar é imprescindible ter o carné da biblioteca e reservar praza a partir do mércores 15 de abril ás 16:00 horas, no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173.