O ratiño e a lúa

Data: 
sábado, 30 de Maio de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos e obradoiro para nenos e nenas entre 4 e 8 anos

ACTUALIZACIÓN: Xa podes ver as fotos na Galería

O vindeiro sábado 30 de maio os nenos e as nenas entre 4 e 8 anos poderán disfrutar da sesión de contacontos e obradoiro O ratiño e a lúa, que se vai desenvolver entre as 11:00 e as 12:00 da mañá.

Lembra que para participar:

Todos os nenos e nenas teñen que ter o carné da biblioteca.

É imprescindible reservar praza a partir do luns 25 ás 16:00 horas. Pódese facer directamente no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173.