O momento perfecto

Data: 
sábado, 7 de Abril de 2018
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para bebés

A nosa programación Biblioespazo 2018 continúa o sábado 7 de abril con dúas sesións de contacontos para bebés O momento perfecto, unha historia coa que pequenos/as e grandes aprenderemos que todo o que damos na vida o recibimos de volta.

De 11:00 a 11:30 será a quenda para os/as bebés de 0 a 18 meses.

De 12:00 a 12:30 recibiremos aos bebés de 19 a 36 meses.

Para participar nesta actividade:
  • Os/as bebés teñen que ter o carné da rede de bibliotecas.
  • É imprescindible reservar praza a partir do martes 3 de abril ás 16:00 horas, no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Cada bebé deberá quedar acompañado/a dunha única persoa adulta.