O Apalpador e o Nadal

Data: 
sábado, 17 de Decembro de 2022
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade infantil multidisciplinar para celebrar a chegada do Nadal.

O sábado 17 de decembro ás 11:00 da mañá celebraremos que nuns poucos días chegará ás casas de todos os nenos e nenas o noso querido Apalpador.

A través da actividade multidisciplinar que temos preparada coñeceremos un pouco máis a figura do Apalpador (cando visita as nosas casas, de onde ven, a que se adica, como viste...), escoitaremos un conto sobre este personaxe e deseñaremos un Apalpador para que os nenos e nenas o leven para as súas casas.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 13 de decembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.