Nenos e nenas con-ciencia

Data: 
sábado, 11 de Febreiro de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade lúdico-experimental para conmemorar o Día internacional da muller e da nena na ciencia

Cada 11 de febreiro dende o ano 2015 celébrase o Día internacional da muller e da nena na ciencia para promover o acceso e a participación plena e igualitaria das mulleres nos campos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas.

Na biblioteca queremos participar na consecución de este obxectivo e é por iso que organizamos unha actividade lúdica titulada Nenos e nenas con-ciencia na que experimentaremos coa ciencia achegándoa aos máis pequenos/as a través de referentes femininos que conseguiron logros importantes en distintos campos.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 5 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar praza a partir do martes 7 de febreiro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.