Murmuraban as miñas veciñas

Data: 
venres, 21 de Abril de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Espectáculo de narración oral para público adulto

Dentro da programación especial coa que durante abril celebramos O mes do libro, temos tamén propostas lúdicas para o público adulto.

O venres 21 de abril ás 19:30 recibimos a Dani Blanco, da compañía AsSircópatas, que nos ofrece o seu espectáculo Murmuraban as miñas veciñas, unha sesión de contacontos que el mesmo describe así:

Un conto nunca se conta igual dúas veces, o contexto e a memoria vaino alimentando. Esta escolma de contos funciona coma un álbum de fotografías que serve para lembrar como foi a vida de catro mulleres bravas de Cangas do Morrazo.

O acto está aberto ao público a partir de 14 anos ata completar o aforo dispoñible da sala.