Miañando contos

Data: 
sábado, 20 de Febreiro de 2016
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Homenaxe aos gatos no seu día

ACTUALIZACIÓN: As prazas para esta actividade esgotáronse o martes 16 de febreiro.

Para o sábado 20 de febreiro (de 11:00 a 12:00) temos preparada unha actividade moi especial. Ese día e o Día internacional do gato, e queremos homenaxear a estes simpáticos animais con actividades e contos nos que eles son os protagonistas. Deste xeito coñeceremos algúns dos gatos (reais e imaxinarios) máis famosos da historia.

A actividade está orientada a nenos e nenas a partir de 4 anos. Para participar é necesario:

  • Ter o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do martes 16 ás 16:00 horas, no mostrador de préstamo ou chamando ao 981 382 173.