Mainú e a amizade

Data: 
sábado, 2 de Decembro de 2017
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos en lingua de signos

Cada 3 de decembro celebramos o Día internacional das persoas con discapacidade, unha data para sensibilizar e concienciar sobre a realidade das persoas que sofren algunha limitación, fomentar a súa integración na sociedade e loitar pola igualdade de oportunidades.

Na biblioteca non queremos que os nosos usuarios e usuarias máis noviños sean alleos a esta realidade, polo que organizamos unha sesión de contacontos moi especial.

O sábado 2 de decembro ás 11:00 da mañá contaremos coa colaboración da Asociación de persoas xordas de Ferrol que, de maneira simultánea á narración oral, representarán en lingua de signos o conto Mainú e a amizade.

Para participar nesta actividade:

  • Hai que ter 4 anos cumpridos.
  • Os nenos e nenas deben ter o carné da rede de bibliotecas.
  • É imprescindible reservar praza a partir do martes 28 de novembro ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.