La felicidad viene en frasco pequeño

Data: 
venres, 10 de Maio de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Presentación do libro por parte da súa autora, Noemi Rodríguez

O venres 10 de maio ás 18:30 horas recibimos á escritora naronesa Noemi Rodríguez, que ven presentar o seu primeiro libro: La felicidad viene en frasco pequeño.

Noemi Rodríguez é Diplomada en Relacións Laborais e ven compaxinando o seu traballo como técnico de administración de persoal con diferentes estudos, entre eles o de “coaching persoal”. É esta última faceta súa a que deu como resultado o libro que ven presentarnos.

Segundo as palabras da autora “a sociedade ansía ser feliz, cada vez hai máis libros de autoaxuda, a xente acode a charlas, hai maior acceso aos artigos científicos sobre a felicidade e podemos escoitar de primeira man a expertos, porén, non somos máis felices! La felicidad viene en frasco pequeño é un libro onde se analizan os erros que cometemos habitualmente nesa nosa búsqueda da felicidade.