Enredos

Data: 
sábado, 9 de Outubro de 2021
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Charla-obradoiro para persoas adultas con bebés entre 0 e 36 meses

O sábado 9 de outubro ás 11:00 da mañá recibimos á compañía Trécola Producións, que ven ofrecer unha charla-obradoiro para persoas con bebés de 0 a 36 meses.

Nesta actividade dirixida a nais e pais coñeceremos diferentes actividades de inspiración Montessori, Waldorf, Picker ou Reggio Emilia que podemos facer nos nosos fogares. Aprenderemos sobre os diferentes intereses e necesidades dos nenos e nenas, e elaboraremos un xoguete para o noso bebé.

 

Para participar nesta actividade:

· As persoas adultas deben ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.

· É imprescindible reservar praza a partir do martes 5 de outubro ás 16:00 horas na sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

IMPORTANTE:

Por favor, agardade no exterior ata ser chamados/as gardando a debida distancia de seguridade co resto das persoas. Unha traballadora da biblioteca estará pendente da vosa chegada e organizará a vosa entrada para facela de maneira segura.

O espazo na sala de actividades estará disposto para cumprir con todas as medidas de seguridade (ventilación, desinfección, distancia de seguridade).

Lembrade que as persoas a partir de 6 anos deben levar posta a máscara en todo momento.

 

Esta actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia a través do programa Ler conta moito.