Contos do Brasil

Data: 
luns, 1 de Agosto de 2016
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos cos que achegarnos á cultura do país que acolle os Xogos Olímpicos

Este ano celébranse en Río de Janeiro os XXXI Xogos Olímpicos, que comezan o venres 5 de agosto e rematan o domingo 21.

Para achegarnos á cultura do país que acolle esta celebración, Caxoto Contacontos ofrécenos o seu espectáculo Contos do Brasil, unha sesión de contos e música en directo coa que viaxaremos ás selvas amazónicas para atoparnos co noso propio pasado: os xoguetes, as cantigas e os contos que a cultura brasileira e portuguesa ten en común coas nosas raíces galegas.

Para participar nesta actividade é necesario:

  • Ter 4 anos ou máis.
  • Ter o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do martes 26 de xullo ás 9:00 horas no mostrador de préstamo ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.