Contiario

Data: 
sábado, 6 de Outubro de 2018
Lugar: 
Biblioteca pública municipal de Narón

"Os contos de Pablísimo" achéganos o seu Contiario á biblioteca.

O sábado 6 de outubro recibimos a Pablísimo Contacontos, que ven deleitarnos co seu espectáculo Contiario na biblioteca ás 11:30 da mañá.

Contiario é unha actividade de dinamización á lectura onde caben todo tipo de contos: contos que comezan ao revés, contos con múltiples finais, fábulas, cantigas de cego, adiviñas...

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 3 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar praza a partir do martes 2 de outubro ás 16:00 horas. Podedes facelo no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.