Contando en feminino

Data: 
sábado, 14 de Marzo de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sesión de contacontos pola igualdade para conmemorar o 8 de marzo, Día da muller traballadora

O sábado 14 de marzo entre as 11:00 e as 12:00 contaremos coa presencia de Ana Hermida, da Asociación Cultural Lisístrata, que nos trae o seu espectáculo de contacontos pola igualdade Contando en feminino.

Se tes entre 3 e 12 anos podes reservar a túa praza para esta actividade a partir do luns 9 ás 16:00 horas no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173. Nesta ocasión pode acompañarte unha persoa adulta.

Lembra que para participar nos contacontos tes que ter o carné da biblioteca. Se aínda non o tes, pide a papá ou mamá que che descarguen a solicitude e tráea cuberta xunto coa documentación que se che indica.

ACTUALIZACIÓN: Xa podes ver as fotos desta actividade na Galería.