Contamos un conto?

Data: 
luns, 6 de Xullo de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Unha divertida sesión de xogo a través dos contos para nenos e nenas entre 8 e 12 anos

Queres poñer a proba o teu inxenio, a túa memoria e a túa capacidade de traballar en equipo?

Se tes entre 8 e 12 anos, podes participar en Contamos un conto? unha sesión de xogos baseados nos contos que vai ter lugar na biblioteca o luns 6 de xullo entre as 11:00 e as 12:30.

Lembra que é imprescindible:

Ter o carné da biblioteca

Reservar praza. Podes facelo a partir do mércores 1 de xullo ás 9:00 da mañá, na propia biblioteca ou chamando ao 981 382 173