Contacontos sensorial

Data: 
sábado, 2 de Abril de 2022
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sesión de contos para bebés entre 0 e 36 meses

Contacontos sensorial

A programación do mes de abril, mes dos libros, ven cargadiña de propostas para todas as idades. A primeira delas é unha sesión de contos para bebés que vai ter lugar o sábado 2 ás 11:00.

Contacontos sensorial é unha experiencia arredor dos sentidos do tacto, da vista e do oído. Os/as bebés e acompañantes gozarán de palabras, cancións e contos e experimentarán con obxectos manipulables que chamarán a atención dos máis pequenos e pequeñas.

Para participar:

► Os/as bebés teñen que ter o carné da rede de bibliotecas públicas sen sancións pendentes.

► É necesario reservar praza a partir do martes 29 de marzo ás 16:00 horas, ben de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.