Cachiño a cachiño

Data: 
sábado, 27 de Xaneiro de 2018
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Conmemoramos o Día da Ilustración en Galicia

Cada 30 de xaneiro, coincidindo coa data de nacemento de Castelao, celebramos o Día da ilustración en Galicia.

Na biblioteca queremos aproveitar esta efeméride para arrincar o noso programa de actividades Biblioespazo 2018 cun obradoiro moi especial. Nel, os nenos e nenas a partir de 4 anos poderán coñecer e experimentar a técnica do collage. Para a elaboración das súas obras de arte empregarán materiais de refugallo (recortes de xornais e revistas, cartulinas, fieltros, papel de agasallo, cartóns…).

Se queres que o teu fillo ou filla participe:

  • Lembra que ten que ter o carné de rede de bibliotecas.
  • Reserva a súa praza a partir do martes 23 de xaneiro ás 16:00 horas. Podes facelo no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Por favor, ten en conta que neste obradoiro empregaremos pegamento e tesoiras. É recomendable que os nenos e nenas veñan con roupa que non vos importe moito estragar.