A biblioteca que viaxaba no tempo

Data: 
sábado, 15 de Outubro de 2022
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para bebés de ata 36 meses.

O sábado 15 de outubro ás 11:00 continuamos coa programación especial do mes das bibliotecas cunha sesión de contacontos para bebés que narra a historia dunha pequena vila onde hai unha biblioteca e o obradoiro. Un día chega unha empresa construtora que transforma a vila nunha cidade chea de xente moi triste. A bibliotecaria e a inventora atoparán nos libros máis antigos da biblioteca as intrucións para viaxar no tempo e achar unha solución que traia novamente a alegría á vila.

Para participar nesta actividade:

  • Os/as bebés deben ter ata un máximo de 36 meses cumpridos e o carné da rede de bibliotecas.
  • É preciso reservar praza a partir do martes 11 de outubro ás 16:00 horas de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Cada bebé poderá vir acompañado/a de ata dúas persoas adultas.

 

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler Conta Moito.