BiblioCanta

Data: 
sábado, 14 de Decembro de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro musical para nenos e nenas a partir de 3 anos

As primeiras músicas que escoitamos, os primeiros sons cos que nos relacionamos, establecen as bases da nosa cultura e da nosa lingua, transfórmannos en membros dunha comunidade e teñen o poder de non seren esquecidos na vida.

BiblioCanta, a actividade que vai ter lugar o sábado 14 de decembro ás 11:00 h, é unha fórmula marabillosa para que os nenos e nenas se acheguen ao cancioneiro tradicional galego saboreando e desfrutando as cancións propostas. Ademáis, se o desexan, poderán converterse en cantantes, músicos/as e bailaríns deste obradoiro tan especial.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os tres anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar praza a partir do martes 10 de decembro no mostrador de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Nesta ocasión non só podedes quedar acompañando aos vosos fillos e fillas (no caso de nenos/as de 3 anos é obrigatorio) senón que é especialmente recomendable que participedes da actividade.