Atrapabolboretas

Data: 
sábado, 28 de Marzo de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Un contacontos para darlle a benvida á primavera

ACTUALIZACIÓN: As prazas para esta actividade esgotáronse o martes 24 de marzo.

O sábado 28 de marzo dámoslle á benvida á primavera cunha sesión de contacontos para nenos e nenas entre 4 e 8 anos. O seu título é Atrapabolboretas e nos manterá ocupados/as entre as 11:00 e as 12:00 da mañá, xa que logo de escoitar o conto adicaremos un ratiño a facer como o seu protagonista e "cazar" algunha bolboreta. Nesta ocasión dámoslle a hora libre aos papás e mamás para que fagan outras cousas mentres nós quedamos na actividade.

Podes reservar a túa praza para esta actividade a partir do luns 23 de marzo ás 16:00 horas, no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173. Lembra que para participar é necesario o carné da biblioteca. Se todavía non o tes, pide axuda a papá ou mamá para descargar a Solicitude e traela cuberta xunto coa documentación que se che indica.

Xa podes ver as fotos desta actividade na Galería.