Aprende a ler en voz alta, aprende a contar

Data: 
venres, 7 de Outubro de 2022
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro de narración oral para mozos/as e persoas adultas.

Á maioría de nenos e nenas encántalles que lles conten contos en familia. Para esta actividade non se require dunha formación específica pero vai funcionando mellor segundo a nosa propia práctica e experiencia.

Podemos adestrar a nosa habilidade para narrar historias e iso é o que tentaremos facer co obradoiro Aprende a ler en voz alta, aprende a contar, co que aprenderemos a darlle vida aos textos, contos, novelas, textos educativos, ensaios, etc.

Este obradoiro está orientado a persoas adultas (a partir de 16 anos).

Para participar:

  • As persoas inscritas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas.
  • É imprescindible inscribirse a partir do martes 4 de outubro ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler Conta Moito.