Apertas e agarimos

Data: 
sábado, 22 de Xaneiro de 2022
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade infantil para celebrar o Día internacional da aperta

A pandemia que estamos a vivir arrebatounos moitas cousas importantes, como a posibilidade de amosar o noso amor con apertas.

O día 21 de xaneiro celébrase o Día internacional da aperta e para destacar a importancia desta manifestación de agarimo deseñamos unha actividade coa que aprenderemos a amosar os sentimentos doutras moitas maneiras sen necesidade de contacto físico. Esta actividade terá lugar o sábado 22 de xaneiro ás 11:00 da mañá e está destinada a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Ademais aproveitaremos para amosar aos nenos e nenas diferentes representacións das apertas na arte (pintura, escultura...) falando destas obras, dos seus autores e autoras e de onde poden velas expostas.

Non faltará tampouco un pequeno conto onde as apertas son as protagonistas.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas de Galicia sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 18 de xaneiro ás 16:00 horas. Podedes facelo de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.