Ao encontro do autor

Data: 
xoves, 14 de Xuño de 2018
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade para toda a familia na que Pepablo Patinho, autor de Lúa, falará a nenos/as e grandes sobre este libro

O xoves 14 de xuño ás 18:30 h. contaremos coa presenza de Pepablo Patinho Penya, que vai converter a presentación do seu libro Lúa nun espectáculo multidisciplinar para toda a familia.

Primeiro vainos contar como xurdiu a idea de escribir os versos que compoñen esta obra. Tras a súa lectura,  disfrutaremos de música en directo e todo o público poderá participar cantando as cancións que se inclúen no libro. Rematará o encontro cun breve faladoiro onde se exporán os temas presentes no texto de Lúa (as guerras, as fronteiras, as diferenzas sociais…).

Cada neno e nena levará un exemplar de agasallo asinado polo autor. É importante que cada participante estea acompañado/a nesta actividade dunha persoa adulta, pois a lectura do libro dará para moitas conversas posteriores en familia.

Esta é unha actividade con prazas limitadas. Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 3 anos cumpridos e contar co carné da rede de bibliotecas.
  • É necesario reservar praza a partir do xoves 7 de xuño ás 16:00 horas, no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.