Obradoiros

O venres 4 de novembro celébrase o Día da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), organización que trata de establecer a paz e a seguridade no mundo mediante a cooperación internacional en materia de educación, ciencia e cultura. Os programas que desenvolve a UNESCO contribúen á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) definidos na Axenda 2030.

O sábado 5 de novembro ás 11:00 valerémonos dun pequeno conto e dun obradoiro para que os nenos e nenas...

Á maioría de nenos e nenas encántalles que lles conten contos en familia. Para esta actividade non se require dunha formación específica pero vai funcionando mellor segundo a nosa propia práctica e experiencia.

Podemos adestrar a nosa habilidade para narrar historias e iso é o que tentaremos facer co obradoiro Aprende a ler en voz alta, aprende a contar, co que aprenderemos a darlle vida aos textos, contos, novelas, textos educativos, ensaios, etc.

Este obradoiro está orientado a persoas adultas (a partir de 16 anos).

...

Outubro será un mes cargado de actividades coas que conmemoramos o Día internacional das bibliotecas. A primeira delas non se fará esperar. O sábado 1 ás 10:30 a compañía Os náufragos teatro ofrécenos un obradoiro no que imaxinar como sería a biblioteca dos nosos soños.

Pensa como sería para ti unha biblioteca ideal. Que actividades tería? Sería unha biblioteca espacial? Unha biblioteca ao aire libre? Ou mellor unha feita de papel? Todo o que ti imaxines quedará plasmado nun marabilloso libro que elaboraremos entre todas as persoas...

O sábado 11 de xuño ás 11:00 da mañá festexaremos o Día internacional do xogo e o Día internacional do medio ambiente (datas que se conmemoran o 28 de maio e o 5 de xuño respectivamente) cunha actividade multidisciplinar na que daremos a coñecer aos nenos/as unha pequena historia de diferentes xogos tradicionais galegos. A continuación eles/as mesmos/as elaborarán algúns destes xoguetes utilizando materiais reciclados. Ademais terán á súa disposición unha selección bibliográfica para que poidan levala a casa en préstamo e seguir...

Rematamos as actividades de maio, mes no que celebramos o Día das Letras Galegas, con outra homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.

O sábado 28 de maio ás 11:00 a compañía Costa Oeste ofrece un obradoiro creativo para público infantil (a partir de 6 anos), xuvenil e adulto.

Esta actividade é unha proposta de animación á lectura onde, grazas aos poemas de Florencio Delgado e á técnica dos caligramas, descubriremos a importancia das artes como medio de expresión artística. Cada participante deseñará a súa...

Entre as actividades coas que este mes celebramos o Día internacional do libro (23 de abril) temos programados tres obradoiros creativos para as mañás de Semana Santa.

Estas sesións están orientadas a nenos e nenas a partir de 4 anos e se van a desenvolver da seguinte maneira:

Luns 11 de abril ás 11:30 (Biblioteca central do Alto).

Un libro na parede: elaboración dun boneco lector decorativo.

 

Martes 12 de abril ás...

O sábado 9 de abril ás 11:00 da mañá festexaremos o Día do pobo xitano, que se celebra o 8 de abril, coa actividade multidisciplinar Opré Romá!

A través dunha serie de xogo os nenos e nenas coñecerán a orixe e as características da cultura xitana e as contribucións que o pobo xitano fixo á cultura e á historia xerais. Escoitaremos o himno xitano e cancións infantís cíngaras, debuxaremos a súa bandeira e escoitaremos un fermoso conto de amizade entre un neno campesiño e unha...

O sábado 26 de marzo ás 11:00 da mañá organizamos a actividade multidisciplinar Titirexando para festexar o Día mundial do títere, que é o luns anterior, día 21.

Coñeceremos os tipos de títeres e marionetas que existen e a súa historia. Veremos tamén algúns dos máis representativos da literatura e as artes escénicas, poderemos tocar e experimentar cunha colección de títeres e marionetas de varios tipos e escoitaremos un conto animado con títeres de dedos.

Para participar nesta actividade:

► Os nenos e nenas...

Entre as actividades coas que este ano celebramos dende as bibliotecas o 8M, Día internacional da muller temos dúas sesións de xogos de mesa por equipos que se van desenvolver na Axencia de lectura da Gándara.

Os xogos elexidos para esta ocasión son Iguales e El misterio de las mujeres invisibles, cuxo obxectivo é traballar os valores de igualdade de xénero e respecto entre os nenos e nenas.

A actividade organízase en dúas...

 

Xa temos o Entroido ás portas e queremos celebralo como ten que ser, transformándonos noutro personaxe a través dun disfrace. Para iso organizamos un obradoiro para os/as máis pequenos/as da casa co que nos mergullaremos nunha aventura de piratas. 

Na sesión escoitaremos historias de piratas e traballaremos con diferentes materiais para saír ataviados coma corsarios e corsarias. Xa só nos ha faltar un loro ao ombreiro!

Esta actividade terá lugar o sábado 26 de febreiro ás 11:00 da mañá e está...

Páginas