Obradoiros

Hoxe en día vivimos nun mundo con moito estrés ao que de seguro que os vosos fillos e fillas non son alleos/as.

É por iso que, co motivo do Día internacional do ioga que se celebra o día 21 de xuño, propoñemos unha actividade para dar aos nenos e nenas unhas nocións básicas sobre esta práctica milenaria que, entre outras moitas vantaxes, axuda á relaxación, á concentración e á redución do estrés.

Con Ioga para peques valerémonos dunha serie de xogos para practicar técnicas moi básicas e sinxelas de relaxación.

...

O sábado 20 de maio ás 11:00 celebramos o día grande das nosas letras con contos, ilustración e música en directo a cargo de Polo correo do vento.

A compañía ven ofrecer ao público infantil e familiar o seu espectáculo Un día para as letras: homenaxe a Paco del Riego, unha actividade baseada no libro do que son autores e que está editado por Lela Edicións.

Ademáis de narrar oralmente a historia de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado este ano no Día das letras galegas,...

Un dos maiores praceres da vida é rir a gargalladas.  A risa considérase unha expresión das emocións asociadas á alegría, á diversión e ao humor.

Este sábado 6 de maio ás 11:00 celebramos o Día mundial da risa practicándoa todo o que sexa posible cos nenos e nenas que participen no obradoiro de risoterapia que temos preparado.

 

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do...

O sábado 29 de abril ás 11:00 da mañá conmemoramos o Día internacional da danza cun obradoiro no que os nenos e nenas coñecerán o porqué desta celebración, verán como se moven e movían algunhas das figuras más recoñecidas desta arte e aprenderán sobre diferentes tipos e estilos de danza.

A continuación queceremos os nosos corpos para crear entre todos e todas unha coreografía e poñela en práctica.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os cinco anos cumpridos e o carné de rede...

O sábado 25 de marzo ás 11:00 da mañá celebramos cun chisco de adianto o Día internacional do libro infantil e xuvenil.

A efeméride conmemórase o 2 de abril por ser esta a data de nacemento en 1805 de Hans Christian Andersen, autor de numerosos contos clásicos infantís.

Tomando como base a obra do autor danés organizamos o xogo A oca de Andersen onde os personaxes e o propio autor serán protagonistas desta adaptación do clásico xogo da oca. Os nenos e nenas participarán por equipos nun apaixoante percorrido dende a...

Cada 11 de febreiro dende o ano 2015 celébrase o Día internacional da muller e da nena na ciencia para promover o acceso e a participación plena e igualitaria das mulleres nos campos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas.

Na biblioteca queremos participar na consecución de este obxectivo e é por iso que organizamos unha actividade lúdica titulada Nenos e nenas con-ciencia na que experimentaremos coa ciencia achegándoa aos máis pequenos/as a través de referentes femininos que conseguiron logros importantes...

O sábado 17 de decembro ás 11:00 da mañá celebraremos que nuns poucos días chegará ás casas de todos os nenos e nenas o noso querido Apalpador.

A través da actividade multidisciplinar que temos preparada coñeceremos un pouco máis a figura do Apalpador (cando visita as nosas casas, de onde ven, a que se adica, como viste...), escoitaremos un conto sobre este personaxe e deseñaremos un Apalpador para que os nenos e nenas o leven para as súas casas.

Para participar nesta...

O Concello ten en marcha ata 21 de decembro unha campaña de recollida de xoguetes para as familias con escasos recursos. A recollida está xestionada polo Centro de Recursos Solidarios de Narón que se encargará, coa axuda de persoas voluntarias, de clasificalos e envolvelos para seren entregados ás familias o día antes de Reis. A biblioteca é un dos puntos de entrega de xoguetes usados.

Máis información da campaña neste enlace.

Paralelamente a Biblioteca de Narón...

Conmemoramos o Día para a eliminación da violencia contra as mulleres organizando dúas sesións de xogos de mesa por equipos que se van desenvolver na Axencia de lectura da Gándara.

Os xogos elexidos para esta ocasión son Iguales e El misterio de las mujeres invisibles, cuxo obxectivo é traballar os valores de igualdade de xénero e respecto entre os nenos e nenas.

A actividade organízase en dúas sesións:

Iguales:...

O venres 4 de novembro celébrase o Día da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), organización que trata de establecer a paz e a seguridade no mundo mediante a cooperación internacional en materia de educación, ciencia e cultura. Os programas que desenvolve a UNESCO contribúen á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) definidos na Axenda 2030.

O sábado 5 de novembro ás 11:00 valerémonos dun pequeno conto e dun obradoiro para que os nenos e nenas...

Páginas