Os máis pequerrechos e pequerrechas da casa teñen unha cita cos contos o sábado 18 de xuño ás 11:00 da mañá. A sala de actividades da sección infantil recibe á compañía Charlatana, que ven ofrecernos o seu espectáculo Canta, buguina, canta!
Soprando a nosa buguina comezaremos unha viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas, regaremos a herba, xogaremos coa marea que sobe e baixa, cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe.
Para participar nesta...