Conto Xogo

Fecha: 
Sábado, 30 de Noviembre de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos e xogos de cooperación

O vindeiro sábado 30 de novembro ás 11:00 da mañá contaremos cunha nova actividade do noso programa Biblioespazo 2019 onde poderán participar nenos e nenas entre 4 e 9 anos.

Conto Xogo é unha proposta lúdica de contacontos que promove a cooperación en igualdade de todos/as os/as participantes. A sesión, que dura aproximadamente unha hora, comeza coa lectura dun conto e remata coa realización de varios xogos relacionados coa temática tratada.

A través do xogo poderemos ver que non hai xogos nin contos para nenas ou para nenos, que disfrutamos, lemos e xogamos en igualdade.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 26 de novembro ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.