O corazón de Lolo

Fecha: 
Sábado, 22 de Junio de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Cruz Vermella ofrécenos un contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos

As actividades do Programa Biblioespazo 2019 fan unha pausa durante o verán para voltar no vindeiro outono con máis forza. Despedimos os contacontos da tempada cunha sesión que nos ofrece Cruz Vermella: O corazón de Lolo.

Esta actividade está encamiñada a que os nenos e nenas a partir de 3 anos coñezan a realidade do acollemento familiar e teñan así as ferramentas necesarias para entender esta situación se nalgún momento están en contacto con ela.

A voluntaria de Cruz Vermella traballará sobre os diferentes tipos de familia e como se desenvolven os afectos nelas. A idea é sensibilizar ante unha situación na que unha familia queira acoller a un/ha menor ou se vexa na circunstancia dunha sepación temporal.

Esta actividade vai ter lugar o sábado 22 de xuño ás 11:00 da mañá e para participar:

  • Os nenos e nenas deben ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 18 de xuño ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.