Así como cho conto!

Fecha: 
Sábado, 8 de Junio de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Xornalistas por un día

Grazas ás tecnoloxías da información e a comunicación calquera de nós pode acceder, difundir ou incluso redactar información propia para ser vista por outras persoas. Este volume tan amplo de novas é o motivo polo que se denomina á sociedade do S. XXI A sociedade da información.

O sábado 8 de xuño ás 11:00 da mañá ofreceremos un obradoiro para que os nenos e nenas entendan todo o proceso dende que xorde unha nova ata que se nos informa dela: cales son os elementos claves dunha nova, a través de que canles chega ata nós, somos só persoas receptoras ou tamén emisoras de información?

Os nenos e nenas exercerán de xornalistas elaborando entre todos e todas unha nova que lles gustaría ver no xornal e transmitíndoa aos compañeiros a través dalgunha das canles de comunicación que se tratarán no obradoiro.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar praza a partir do martes 4 de xuño ás 16:00 horas, no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.