Descubrimos África

Fecha: 
Sábado, 25 de Mayo de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade infantil para conmemorar o Día de África

O 25 de maio celébrase o Día Mundial de África, unha xornada para poñer de manifesto a realidade política, social e cultural do continente.

Na biblioteca queremos celebrar esta data ofrecendo aos nenos e nenas unha actividade para coñecer as características de África: as súas xentes, as tradicións e os costumes, a fauna máis significativa, os lugares e as persoas destacadas... Nesta actividade multidisciplinar contaremos unha lenda popular africana e realizaremos un obradoiro no que reproduciremos un obxecto característico dunha das tribos que poboan o continente.

A actividade leva por título Descubrimos África e se vai desenvolver o sábado 25 de maio ás 11:00 da mañá.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos.
  • Os/as participantes deben ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar praza a partir do martes 21 de maio ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.