Descubrindo a Ángela Ruiz Robles

Fecha: 
Miércoles, 10 de Abril de 2019
Lugar: 
Axencia de lectura municipal da Gándara

Obradoiro maker sobre a enciclopedia mecánica

No mes que estamos adicando ao libro non podiamos pasar por alto o formato que está gañando cada ano máis adeptos/as, o libro electrónico.

A mestra, escritora e inventora ferrolá Ángela Ruiz Robles desenvolveu a finais dos anos corenta un prototipo de enciclopedia mecánica que a día de hoxe se considera precursor do libro electrónico.

Arantxa Serantes recolle no seu libro O valor das ideas, pequena biografía de Ángela Ruiz Robles, a precursora do libro electrónico a biografía desta interesante investigadora.

A propia autora estará con nós o mércores 10 de abril ás 18:00 da tarde acompañada do actor Manuel Gutiérrez para ofrecer aos nenos e nenas a partir de 6 anos un contacontos baseado na biografía de Ángela Ruiz Robles e un obradoiro no que se recreará o seu invento.

A actividade vaise desenvolver na Axencia de lectura municipal da Gándara (Casa da mocidade), onde ademáis haberá disposta durante toda a semana unha exposición bibliográfica sobre mulleres científicas.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar praza a partir do xoves 4 de abril ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.