E ti que representas?

Fecha: 
Sábado, 6 de Abril de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Xogos teatrais para nenos e nenas a partir de 4 anos

O mes de abril ven cargadiño de actividades coas que queremos celebrar o Día internacional do libro. A primeira delas vai ter lugar o sábado 6 ás 11:00 da mañá e está orientada a nenos e nenas a partir de 4 anos.

E ti que representas? é unha actividade na que dunha maneira divertida e dinámica os nenos e nenas asistentes atoparán o xeito de expresar as súas emocións. Nesta experiencia grupal os/as participantes representarán distintos escenarios mediante o xogo e co apoio de diferentes obxectos, fomentando así a empatía e o traballo en equipo.

Para participar:

  • Os nenos e nenas deben ter os 4 anos cumpridos.
  • Os/as participantes teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar praza a partir do martes 2 de abril ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.