O aninovo chinés

Fecha: 
Sábado, 9 de Febrero de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividades da rede bibliotecaria municipal para celebrar o Aninovo chinés

O pobo chinés celebra o 5 de febreiro unha das súas festas máis significativas, o inicio do seu novo ano. Na rede bibliotecaria municipal queremos sumarnos a estes festexos que se extenden máis alá de China, programando:

Na Biblioteca Municipal do Alto:

Un obradoiro multidisciplinar o sábado 9 de febreiro ás 11:00 da mañá destinado a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Segundo o costume chinés, cada novo ano que está adicado a un animal, e a este que comeza correspóndelle o porco.  Os nenos e nenas aprenderán esta e outras tradicións típicas chinesas destas datas. Compararémolas coas nosas propias, contaremos unha lenda, e para rematar elaboraremos un elemento decorativo típico da cultura chinesa no Aninovo.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 5 de febreiro ás 16:00 h. no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Na Ludoteca Municipal:

Dentro da programación habitual da ludoteca, a semana do 4 ao 8 de febreiro de 17:00 a 18:00 h. estará adicada ao coñecemento da cultura chinesa baixo o título Coñecemos China. As actividades deste dispositivo están orientadas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos inscritos/as na ludoteca (a inscrición pode formalizarse en calquera momento ao longo do ano).

Os/as menores terán a oportunidade de achegarse a esta cultura a través do xogo, a creatividade e a imaxinación. Realizarase un obradoiro de maquillaxe no que os nenos e nenas pintarán as caras con imaxes de dragóns, e o día 8 de febreiro rematará a elaboración dun dragón xigante que se preparará ao longo de toda a semana.

Máis información sobre as actividades da Ludoteca municipal: de luns a venres de 16:00 a 20:00 no número 981389284.