Obradoiros de Nadal na Gándara

Fecha: 
Viernes, 14 de Diciembre de 2018
Lugar: 
Axencia de lectura municipal da Gándara

Dúas accións para nenos e nenas entre 6 e 12 anos

A Axencia de lectura municipal da Gándara (na Casa da mocidade) acollerá estes días dous obradoiros creativos destinados a nenos e nenas entre 6 e 12 anos.

 
Formigas tolas.

Construiremos unhas divertidas formigas con materiais de refugallo e poremos en práctica algúns dos conceptos básicos de electrónica que farán que as nosas formigas se movan de xeito autónomo

Será o venres 14 de decembro de 17:00 a 19:00 horas. As inscricións poden facerse a partir do martes 11 ás 9:30 h.

 
Creación de títeres.

Trátase dunha actividade de animación á lectura na que construiremos o noso títere e representaremos unha historia creada entre todos os nenos e nenas participantes.

Será o venres 21 de decembro de 17:00 a 19:00 horas. As inscricións poden facerse a partir do martes 18 ás 9:30 h.

 
Inscricións:

para cada un dos dous obradoiros as inscricións poden facerse a partir da data e hora sinalada na Biblioteca central do Alto de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Imprescindible ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.