A maxia de Mary Poppins

Fecha: 
Sábado, 15 de Diciembre de 2018
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos

O sábado 15 de decembro ás 11:00 da mañá despedimos as actividades de contacontos do programa Biblioespazo 2018 cunha sesión moi especial: A maxia de Mary Poppins.

Recibiremos a visita de Mary Poppins en persoa! A través da niñeira máxica adentrarémonos nun mundo no que a literatura e os libros nos farán soñar e vivir aventuras inimaxinables.

Esta é unha actividade orientada para nenos e nenas a partir de 3 anos.

Para participar:

  • É necesario ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • Tedes que reservar praza a partir do luns 10 de decembro ás 9:30 h. no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.