Os contos do Apalpador

Fecha: 
Martes, 18 de Diciembre de 2018

O Apalpador visita a Ludoteca e a Biblioteca Municipais

Xa de cheo metidos/as no Nadal recibimos a visita do lexendario Apalpador, o carboeiro bo que cada 24 e 31 de decembro baixa das montañas do Courel para tocar as barriguiñas de todos os nenos e nenas, ver se comeron ben e desexarlles un ano cargado de alegrías.

Nas súas visitas ao noso concello, o Apalpador ofrecerá ademáis aos nenos e nenas entre 3 e 12 anos unha sesión de contacontos. Podedes velo:

O martes 18 de decembro ás 17:00 horas na Ludoteca Municipal.

É necesario inscribirse a partir do mércores 5 de decembro ás 16:00 h. na propia ludoteca  ou chamando ao 981389284 en horario de apertura.

Requisitos para participar: estar inscrito/a como usuario/a da ludoteca antes de facer a reserva.

 

O sábado 22 de decembro ás 11:00 horas na Biblioteca Municipal.

Inscricións a partir do mércores 19 de decembro ás 9:30 h. no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Requisitos para participar: ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.