Unhas gafas como as do avó

Fecha: 
Sábado, 1 de Diciembre de 2018
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos en lingua oral e lingua de signos para conmemorar o Día internacional das persoas con discapacidade.

Cada 3 de decembro conmemórase o Día internacional das persoas con discapacidade, data proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1992 para reivindicar dereitos, calidade de vida e condicións de desenvolvemento social para as persoas con discapacidade.

Na biblioteca queremos visibilizar tamén estas reivindicacións e é por iso que programamos o sábado 1 de decembro ás 11:00 da mañá unha sesión de contacontos que mestura a lingua oral e a lingua de signos.

Unhas gafas coma as do avó preséntanos a Laura, unha nena que un día sente curiosidade polas gafas do seu avó e se pregunta como se verá a través delas. O que comeza sendo unha pequena trasnada acaba por converterse na maior das aventuras.

O conto será narrado en lingua oral por Caxoto Contacontos, que nesta ocasión ven acompañado por Gema Santos, que o interpretará en lingua de signos.

A actividade está destinada a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 27 de novembro ás 9:30 da mañá no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.