O tren da amizade

Fecha: 
Sábado, 23 de Diciembre de 2017
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Historias, música e baile para celebrar o Nadal

O sábado 23 de decembro ás 11:00 celebramos o Nadal cunha actividade moi especial. O tren da amizade levaranos de viaxe polos carrís da música.

Despois de escoitar historias, cantar e bailar elaboraremos coas nosas propias mans un instrumento musical.

A actividade está destinada a nenos e nenas a partir de 5 anos. Se queres que o teu fillo ou filla participe tes que reservar a súa praza a partir do martes 19 ás 16:00 horas. Podes facelo no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura. Todos os nenos e nenas que queiran participar deben ter o carné da rede de bibliotecas.