Ameñece na granxa

Fecha: 
Viernes, 8 de Septiembre de 2017
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos con música en directo para nenos e nenas entre 4 e 8 anos

Co inicio do novo curso retomamos tamén as nosas actividades do Programa Biblioespazo 2017.

A primeira actividade terá lugar o sábado 16 de setembro ás 11:00 da mañá, Trátase dunha sesión de contos con música en directo que leva por título Ameñece na granxa e está orientada a nenos e nenas entre 4 e 8 anos.

Para participar nesta actividade é necesario:

  • Que todos os nenos e nenas participantes teñan o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do martes12 de setembro ás 9:30 da mañá. A reserva pódese facer no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

Lembrade que na semana do 11 de setembro a biblioteca recupera o seu horario habitual de inverno:

Luns a venres: de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00

Sábados: de 10:00 a 13:00.