Trocolibro

Viernes, 21 de Abril de 2017

Un espazo para o intercambio

Como unha das actividades coas que estamos a conmemorar o Día internacional do libro, poñemos á vosa disposición un espazo para o intercambio de libros.

De seguro que tes obras interesantes e actuais das que xa disfrutaches e queres trocalas por outras que aínda non liches. Esta é a túa oportunidade!

Entre o luns 24 e o sábado 29 de abril ocuparemos unha mesa da planta baixa (sala de adultos/as) con libros para trocar. Todas as persoas que o desexen poderán levar un dos libros da mesa, independentemente de se deixan outro a cambio ou non. O máximo de libros, tanto para donar como para lever, será de un por persoa e día.

Na mesa de intercambio haberá libros infantís, xuvenís e de adultos/as que iremos renovando todos os días.

 

 

 

Etiquetas: 
Trocolibro
Día internacional do libro
Biblioespazo 2017