O ladrón de sorrisos

Fecha: 
Sábado, 11 de Marzo de 2017
Lugar: 
Biblioteca pública municipal de Narón

Contacontos para bebés

O vindeiro sábado 11 de marzo estreamos as actividades na nova sala infantil e bebeteca e facémolo cunha sesión de contos con música para bebés entre 0 e 36 meses.

O ladrón de sorrisos é unha adaptación do conto co mesmo título de Susanna Isern, unha fermosa historia sobre a amabilidade e a ledicia.

O conto representarase en sesión dobre no seguinte horario:

  • De 11:00 a 11:30 para os bebés entre 0 e 18 meses.
  • De 12:00 a 12:30 para os bebés entre 19 e 36 meses.

Para que os vosos fillos e fillas poidan participar é necesario:

  • Que teñan o carné da biblioteca.
  • Que reservedes a súa praza a partir do martes 7 de marzo ás 16:00 horas. Podedes facelo de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

No momento da actividade cada bebé poderá quedar acompañado dunha única persoa adulta.