Contiario

Fecha: 
Sábado, 7 de Noviembre de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Un ramiño de contos infantís para nenos e nenas a partir e 4 anos.

ACTUALIZACIÓN: As prazas para esta actividade esgotáronse o xoves 5 ás 16:15 horas.

Xa podes ver as fotos na Galería.

Este sábado día 7 recibimos na biblioteca a Pablísimo, que ven deleitarnos co seu Contiario ás 11:00 da mañá.

Contiario é unha sesión de contos que empezan ao revés, contos que teñen moitos finais e contos que non rematan nunca, fábulas, cantares de cegos, contos pequerrechiños, adiviñas, cancións... Con eles mergullarémonos no marabilloso mundo da literatura infantil e da tradición oral.

Para participar é imprescindible:

  • Ter 4 anos ou máis.
  • Ser usuario/a da biblioteca (ter o carné de socio/a). 
  • Reservar praza a partir do martes 3 de novembro ás 16:00 horas no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173.

Nesta ocasión os papás e mamás poden quedar acompañándovos (só unha persoa adulta por cada neno/a).