Novidades na plataforma de préstamo de libros electrónicos

Lunes, 5 de Octubre de 2015

A partir do 8 de outubro a plataforma eBiblio experimentará unha serie de melloras

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte infórmanos, a través do Servizo de Bibliotecas, dos cambios que afectarán á plataforma de préstamo de libro electónico eBiblio a partir do 8 de outubro de 2015, que serán os seguintes:

A interfaz será moi similar á actual pero se incorpora unha busca avanzada e filtros para refinar os resultados das buscas. 

As fichas dos libros recollerán as valoracións dos lectores mediante un sistema de puntuación, ligazóns á Wikipedia, posibilidade de engadir os títulos a unha listaxe privada etc.

En canto ao préstamo e as devolucións:

  • Desaparecerán as devolucións rápidas e incorporarase unha vista previa do libro (ata un 10% do seu contido).
  • A devolución poderase realizar en calquera momento dos 21 días da duración do préstamo (ata o de agora, unha vez prestado un título, este non se podía devolver ata que trancorreran eses 21 días).
  • A devolución dos libros descargados con Adobe Digital Editions realizarase a través dese mesmo programa.  
  • Cada libro poderá descargarse nun só dispositivo.

A partir do 8 de outubro haberá unha nova app de eBiblio que substituirá á anterior e que estará dispoñibe tanto en Google Play como en App Store. Xa non existirá unha app por cada Comunidade Autónoma senón unha soa na que o usuario terá que seleccionar a súa Comunidade. A app actual deixará de estar operativa en breve.

Etiquetas: 
libro electrónico
GaliciaLe
eBiblio
ebook
ereader