Arrinca o Club de lectura vital

Martes, 20 de Enero de 2015

Xa temos data para a sesión de presentación do Club de lectura vital. As persoas pre-inscritas e todas aquelas que, ata cubrir o cupo, querades inscribirvos agora, tedes unha cita o venres 23 de xaneiro ás 19:30 na nosa biblioteca.

Nesta sesión de presentación decidiredes as datas e horas dos encontros mensuais, así como o título da primeira das lecturas.
Se aínda non reservaches a túa praza e estás interesado/a en participar, fainos chegar os teus datos á biblioteca (de maneira presencial, chamando ao 981 382 173 ou escribindo a biblioteca.central@naron.es).
Preme aquí para atopar máis información sobre esta actividade.

Etiquetas: 
Actividades
Adultos
Biblioespazo 2015
Clube de lectura vital