Soñei que era unha árbore (Contacontos para bebés)

Miércoles, 5 de Noviembre de 2014

A compañía Avoa Youja tráenos este sábado 15 de novembro o seu espectáculo Soñei que era unha árbore, un contacontos para bebés entre 0 e 36 meses.

Faremos dobre sesión co seguinte horario:

  • 11:30 a 12:00: para bebés entre 19 e 36 meses.
  • 12:30 a 13:00: para bebés entre 0 e 18 meses.

Cada bebé poderá vir acompañado dunha única persoa adulta. Lembrade reservar as prazas a partir do luns 10 de novembro ás 16:00, coma sempre de maneira presencial (no mostrador da biblioteca) ou chamando ao 981 382 173.

Xa podedes ver as fotos deste contacontos: