I Mercado do libro de segunda man

Martes, 19 de Marzo de 2013

Entre as múltiples actividades programadas para abril, o mes do libro por excelencia, a Biblioteca prepara o “I Mercado do libro de segunda man”, actividade dirixida aos seus usuarios reais e potenciais. Terá lugar entre o 15 e o 19 de abril (ambos incluídos) de 17:00 a 20:00 horas.

Se tes un lote de libros que xa non che fai falta, a biblioteca ofréceche a oportunidade de vendelos ou trocalos, para o que che asignará un posto de venda e troco na planta baixa do edificio. Só haberá dez postos, así que as persoas interesadas deberedes:

  • Solicitar a participación na actividade mediante a presentación dunha  instancia no Rexistro Xeral do concello a partir do sábado 29 de marzo. Esta irá dirixida ao Servizo Sociocomunitario municipal (os postos outorgaranse por rigorosa orde de entrada).
  • Expoñer un mínimo de 25 e un máximo de 100 exemplares cada día.
  • Cumprir os horarios establecidos para a actividade.
  • Facilitar ao final de cada xornada os datos de vendas e trocos para elaborar a estatística.

Para participar como expositor é necesario estar dado/a de alta como usuario/a da Biblioteca e coas cotas actualizadas o día de apertura do prazo de solicitude. Deberán absterse de participar aquelas persoas relacionadas co sector editorial, distribuidor ou libreiro, así como da actividade económica de mercado de compravenda.

Anímate a participar!

Para máis información diríxete ao mostrador da biblioteca ou chama ao 981 382 173.