Adeus a Ana María Matute

Jueves, 26 de Junio de 2014

Ana María Matute, unha das plumas femininas españolas máis relevantes de todos os tempos, morreu onte en Barcelona, a súa cidade natal.
 

A súa longa traxectoria literaria, chea de textos tanto para o público adulto coma para o infantil, deixounos títulos que foron recoñecidos con premios tan importantes coma o Cervantes, o Nadal, o Planeta, o Nacional de Narrativa ou o Nacional das Letras Españolas.

Matute foi ademáis membro da Real Academia Española, onde ocupaba o sillón K dende 1998.

Na Biblioteca queremos rendirlle homenaxe expoñendo unha selección das súas obras. Tédelas á vosa disposición nunha mesa á entrada da sala da planta baixa.

Se queredes coñecer máis sobre a vida e a obra desta grande autora podedes consultar:​

A entrada que lle adica a Wikipedia.

O seu apartado oficial na páxina cultural da FNAC.

Un artigo sobre as súas 18 frases máis significativas.

Un conto que exemplariza o estilo e a temática da súa obra

Etiquetas: 
Ana María Matute
Obituario